Ayudas
COOPERATIVA LEITEIRA PICO SACRO S.C. foi a promotora dunha instalación fotovoltaica para autoconsumo de 30 kW nominais, co obxectivo de acadar unha economía máis limpa e sustentable a través do fomento da xeración distribuída e o autoconsumo enerxético. Coa devandita instalación conséguese unha menor dependencia do mercado eléctrico, así como unha redución das emisións de CO2 á atmosfera, evitando aproximadamente a emisión dunhas 14,3 toneladas anuais, o que supón unha pequena contribución a frear o cambio climático.
Para a execución do proxecto, COOPERATIVA LEITEIRA PICO SACRO S.C. obtivo o apoio do programa de incentivos ligados a autoconsumo (C7:I1), con fontes de enerxía renovable, marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Estes fondos, xestionados polo INEGA e coordinados polo IDAE e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, ascenderon a un importe de 12.360,00 €